Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As Torres do Allo volven á Idade Media coas visitas teatralizadas dos Quinquilláns

En Vimianzo comezan a servir este martes os Pinchos Irmandiños,
o aperitivo do Asalto

Zas. As visitas teatralizadas volven ás Torres do Allo (Zas) todos os domingos dos meses de xullo e agosto. Francisca Rioboo Álvarez (Tero Rodríguez) e Víctor López Seoane (Lucho Penabade), dos Quinquilláns, recibirán aos foreiros que se acheguen a pagar as rendas deixándolles entrar no pazo zaense.

Francisca foi a primeira muller propietaria das Torres mantendo a liña sucesoria dunha das familias nobiliarias máis importantes desde a Idade Media ata o século XIX, mentres que Víctor foi un dos máis prestixiosos naturalistas galegos da historia.

Compartirán cos labregos e labregas a historia do pazo, os costumes e tradicións labregas, mais tamén as preocupacións do seu tempo, como a emigración, a ciencia ou a decadencia da fidalguía. Como bos veciños faranlle homenaxe tamén a Enrique Labarta Pose, grande escritor satírico do que escenificarán algúns poemas e escenas contidas en A festa da patrona de Tabeirón ou o afamado Tío Miseria e outros contos.

As visitas teatralizadas desenvolveranse todos os domingos de xullo e agosto, ademais do 4 e o 11 de setembro. Comezan ás 19.30 e a duración é dunha hora.

Pola súa banda, en Vimianzo comezarán a servir este martes os Pinchos Irmandiños, o aperitivo do 25 Asalto ao Castelo, que terá lugar o sábado 2 de xullo. Este ano poderán degustarse doce pinchos noutros tantos locais a un prezo de 2,5 € (con auga ou quinto Estrella Galicia, 3 €). Serviranse de 12.00 a 15.00 e de 19.00 a 23.00 horas. M. L.

28 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.