Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Asinado o convenio para financiar as obras de mellora da estrada de Leis

A Deputación da Coruña aportará 160.000 euros e o Concello de Muxía farase cargo da parte restante ata completar os douscentos mil do investimento previsto

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde muxián, Iago Toba, asinaron na sede da institución provincial o convenio para o financiamento das obras de mellora da estrada que conecta o núcleo de Leis co límite municipal de Muxía. Suporán un investimento de 200.000 euros, dos que a Administración provincial achegará 160.000 €, o 80 % do orzamento total.

Actuarase nunha superficie de 1.520 metros. Os traballos incluirán a limpeza de cunetas, a dotación dunha anchura uniforme de 5,5 metros a todo o vial, o estendido dunha capa de 6 cm de aglomerado en quente a toda a calzada, a construción de cunetas de seguridade nas curvas máis pechadas, a instalación de máis de 200 metros de barreiras de seguridade e a renovación completa da sinalización horizontal e vertical, incluíndo o pintado da estrada, a colocación de sinais de stop e paneis direccionais permanentes.

Os traballos suporán unha importante mellora da seguridade na zona tanto para os viandantes como para os condutores, segundo indicou o alcalde, Iago Toba, quen afirmou que a actuación complementa outra obra na estrada que conecta Leis coa praia de Lago, na que o Concello de Muxía inviste 130.000 euros de fondos propios.

17 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.