Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Asume a Xunta o arranxo do noiro da estrada AC-550 ao seu paso por Cee

CEE. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, anunciou na súa visita a Cee unha actuación urxente para repoñer o noiro de desmonte da estrada AC-550. O investimento superará os 44.000 euros. Destacou que a Consellería de Infraestruturas actuará con axilidade para garantir a seguridade na zona, na que se rexistraron varios desprendementos. A actuación céntrase nos primeiros 60 metros do noiro desde a estrada AC-550, dado que é a zona do viario inferior con menos anchura e onde se fai necesario actuar pola circulación que se rexistra tanto na vía de acceso a Xeal e ao porto de Brens, coma na comarcal. O prazo de execución é dun mes e a estrada será pechada ao tráfico entre dúas e tres semanas. Trenor estivo acompañado pola alcaldesa, Margarita Lamela, e o portavoz do PP, Antonio Domínguez. A rexedora valora positivamente que a Xunta asuma esta obra, que o Concello completará co aglomerado da estrada local. J. M.

30 mar 2021 / 18:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.