Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Atropelado un peón por un vehículo que se saíu da estrada en Mazaricos

Foi evacuado en helicóptero a un centro hospitalario debido á gravidade das lesións

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron en helicóptero a unha persoa con lesións de consideracións ao ser alcanzado por un vehículo na estrada que une as localidades de Santa Comba e Muros, á altura do cruce de Mámoas.

Foi un particular quen, ás 13.00 horas, contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para informar do suceso. Solicitaba axuda médica urxente para un home atropelado por un turismo despois de que o vehículo sufrise unha saída vía. Engadía no seu relato que o condutor tamén precisaría asistencia sanitaria.

Desde o 112 Galicia informouse decontado aos servizos sanitarios de urxencia que, debido ás lesións provocadas ao peón polo accidente, comunicaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense ao lugar.

Co fin de prestar apoio ao equipo médico e restablecer as condicións de seguridade na vía, os xestores de emerxencias informaron do suceso aos Bombeiros de Santa Comba, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos membros do GES de Muros, aos voluntarios de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da estrada.

11 jul 2022 / 19:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.