Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Avanzan a bo ritmo as obras da futura escola infantil da capital local de Muxía

O Concello financia con fondos propios o 100 % do investimento // O alcalde di que o seu goberno “ofrecerá aos nenos e nenas unha gardería á altura das necesidades da vila”

As obras da nova gardería de Muxía avanzan a bo ritmo e pronto será unha realidade, segundo confirman o alcalde, Iago Toba, e a concelleira de Educación e Cultura, Olalla Benlloch.

Dita intervención, costeada no seu 100% con fondos propios do Concello de Muxía, cumprirá unha das promesas do actual equipo goberno e dará luz a unha demanda histórica da veciñanza.

“Tras moitas lexislaturas de promesas, este goberno cumprirá co seu cometido, ofrecéndolle aos nenos e nenas de Muxía unha gardería á altura das necesidades da nosa vila”, destacou Benlloch.

Os traballos que se están acometendo supoñen unha remodelación total dun dos espazos do edificio multiusos da Camposa, para que a nova escola infantil conte con entrada independente e zonas propias no interior e no exterior. A futura gardería contará con novos elementos, máis servizos, espazos e medios a disposición dos máis pequenos.

O alcalde, durante a súa visita ás obras, destacou que “foron moitos os gobernos que o prometeron, pero foi este equipo de tres persoas o que loitou e fixo posible que o que estamos a ver hoxe sexa unha realidade, aínda tendo todo o vento en contra”.

02 oct 2022 / 07:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.