Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 24 septiembre 2020
12:40
h

Axudas para autónomos e microempresas de Cee

COSTA DA MORTE. O Concello de Cee destinará unha partida de 186.570,79 euros para axudas a autónomos e microempresas (de menos de 10 traballadores e un volume de negocio anual inferior a 2 millóns de euros). A iniciativa enmárcase dentro do programa PEL Reactiva, da Deputación da Coruña, que aportará 149.256,63 €, e está orientada a quenes se visen afectados polo peche obrigado debido ao covid-19, ou que visen minguada a súa facturación no segundo trimestre, polo menos nun 75%, ou que se acollerán a un ERTE. As contías máximas das axudas serán de 1.500 € para autónomos sen traballadores a cargo; 2.000 para os que só teñen un empregado; 2.500, entre 2 e 5 operarios; e 3.000, entre 6 e 9 traballadores. Os fondos poden ser destinados a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade, compra e instalación de mamparas, adquisición de materiais de desinfección, arrendamento e outros servizos. J. M. R.

16 sep 2020 / 17:42
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.