Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

BNG de Cee e Muxía insisten na mellora da estrada de Touriñán

Piden que se garanta o bo estado da capa rodada e que se revise a ponte de Pontenova

Fai dúas semanas o BNG de Cee e de Muxía, preocupados pola execución da obra da estrada a Touriñán pedían que as respectivas alcaldías entablasen conversas coa Autoridade Portuaria para asinar un novo convenio, de xeito que a baixa de 190 mil euros na adxudicación se empregase en anchear a vía naquelas zonas mais estreitas e en deixar a capa rodada en óptimas condicións.

Os voceiros nacionalistas Serxio Domínguez (Cee) e Carlos Fernández (Muxía) retieran de novo a súa demanda e piden que a ponte de Pontenova “sexa examinada minuciosamente”, xa que din ter constatado que, logo duns corenta anos que leva no lugar, “ten algún ferro ao aire nas vigas que soportan o peso. Ademais, seguen a verse moitos encofrados que non deixan comprobar en que estado está o paso, polo que compre retiralos”.

Sinalan tamén que na parte superior, as varandas levan moitos anos no sitio, acusando o paso do tempo, “con partes totalmente oxidadas, e ademais son demasiado débiles”. Do mesmo xeito, vén necesario “colocar quitamedos nos tramos saíntes da propia ponte, xa que o desnivel é grande e poden producirse accidentes de consideración”. Denuncian igualmente que a sinalización da vía “é inexistente, polo que é imprescindible acometer unha sinalización acorde ás novas necesidades”.

Compre lembrar que unha vez executada a obra, a estrada pasará a ser propiedade de ambos concellos, co que o mantemento e conservación pasará a ser das dúas administracións, “motivo mais que suficiente para asegurarnos que a obra quede en condicións e garanta polo menos dúas décadas de vida sen ter que actuar nela”, conclúen.

31 mar 2021 / 20:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.