Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Botadura no lavadoiro de Mallas da ‘Barca de pedra’

A barca de pedra de Francisco Remiseiro presentarase este sábado 16 ás 19.00 horas no lavadoiro de Mallas, no marco da mostra Contexto que pode visitarse durante esta semana Santa na Casa das Peritas e na que o escultor de Barro (Pontevedra), participa xunto coas artistas Mónika Molenda e Natasha Lelenco. Trátase dunha das últimas pezas do escultor, que será presentada por primeira vez ao público nunha acción performativa que contará coa participación da música galego-arxentina Catuxa Salom.

A presentación converterá en espazo escénico o lavadoiro de Mallas, un conxunto de grande interese patrimonial, que, entre a arborado e os hórreos que o rodean conforma un improvisado anfiteatro no que a auga e a pedra son o elemento central e conformarán o marco visual da instalación. Contexto, que é o nome da exposición que acolle a Casa das Peritas, espazo de arte ocasional impulsado pola artista Natasha Lelenco, reflexiona sobre o papel dos oficios da arte, a utilidade dos espazos expositivos e a resignificación do rural como espazo de creación nun contexto no que a virtualidade ameaza con diluir calquera posibilidade de interpretación do real.

A barca é unha peza esculpida en granito de arredor dun metro de lonxitude. A peza nace a partir do relato das pedras flotantes, tan presente na tradición galega, do que son mostra os relatos da Virxe da Barca en Muxía, ou a barca de pedra na que foron traídos a Galicia os restos do Apóstolo segundo o Códice Calixtino. Afirma Remisiero “que sempre me pareceron tan poéticos estos relatos que pensei levalos á escultura. Hai historias que poden contarse a través da fotografía, da pintura, etc, pero hai outras que só poden ser contadas desde a escultura, que che permite neste caso poder atestar, poder tocar, sentir o peso, algo que non sería posible percibir a través doutro medio. Se a barca flota, será algo completamente incongruente, e isto é algo que funciona moito na arte.”

Esta obra conecta coa liña de traballo e exploración de Franciso Remiseiro arredor da mística da pedra. A exposición conta coas colaboracións da área de Cultura do Concello de Fisterra e de Vermús Petroni.

15 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.