Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Búscanse voluntarios para a Mostra do Encaixe de Camariñas

A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas abriu as inscricións para formar parte do grupo de voluntariado do evento do palillo. As persoas que amosen vontade de participar no triséximo aniversario como parte da organización, poden chamar ou enviar unha mensaxe de Whatsapp aos teléfonos 653 27 63 88 ou 653 26 55 29.

As voluntarias e voluntarios son parte viva dunha Mostra do Encaixe Deputación da Coruña que este ano se celebrará do 8 ao 12 de outubro de 2021, coincidindo coa festividade do Pilar e debido ao aprazamento polas condicións sanitarias. A directora da feira, Dolores Lema, sinalou que “é unha edición moi importante para nós; ademais de tratarse do trinta aniversario tamén é a Mostra despois desta terrible situación, e agardamos que sexa o máis bonita posible”, recalcando que “sería imposible a celebración desta cita sin as persoas voluntarias: son parte imprescindible para nós”.

14 sep 2021 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.