Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Buschmann amosa o seu traballo na cidade de Pontevedra

‘Feito de estrelas’ é o nome da mostra do ebanista artesán que reside en Corcubión

Corcubión. A Fundación de Artesanía de Galiciae a Fundación Rosón Arte Contemporáneo promoven a exposición Feito de estrelas, unha mostra individual dedicada ao ebanista artesán Frank Buschmann, que ten o seu taller en Corcubión.

A mostra pode visitarse ata o 22 de decembro na sede da Fundación RAC, en Pontevedra. Recolle algúns dos deseños de mobiliario máis icónicos de Buschmann, contando cunha peza inédita creada específicamente para a ocasión.

Feito de estrelas propón unha aproximación á obra deste artesán, gañador do Premio Artesanía de Galicia 2019 e do Antonio Fragaus 2020, tratando de abrazar non só os seu intereses plásticos senón tamén os conceptuais. A mostra compón unha constelación de recursos, referencias e analoxías que permiten comprender o conxunto xeral do seu traballo, definido polos principios de sustentabilidade desde o propio proceso de produción até o obxectivo final.

Nogueira, castiñeiro, cerdeira, carballo e piñeiro de oregón son as madeiras empregadas nesta mostra, sleccionadas co obxectivo de acentuar os detalles contrutivos e funcionais de cada peza. Ademais de mesas, cadeiras e outros mobles, que cumpren o seu papel utilitario sen negar o seu carácter de pezas únicas, na exposición poderá verse a peza Monas, unha prensa de flores sutil e delicada, de gran potencia estéticas, coa cal o artista recibiu o Premio Artesanía de Galicia 2019 e tamén a cadeira coa que gañou o Antonio Fraguas. M. L.

23 nov 2020 / 19:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.