Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Caión acolle este martes o segundo Encontro de Turismo da Costa da Morte

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), que preside Mónica Rodríguez, organiza este martes, día 29 a partir das 17.00 horas, o II Encontro de Turismo de Costa da Morte, que terá lugar en Caión (A Laracha). Xuntará aos axentes turísticos do territorio, tanto públicos como privados, para facer balance do ano que agora remata e presentar os retos turísticos para o 2023.

A presidenta de CMAT, Mónica Rodríguez, confía en que esta cita “sirva para poñer en valor o traballo do xeodestino turístico e unir aos principais axentes turísticos do territorio” no obxectivo de dar visibilidade á marca Costa da Morte.

O encontro comenzará coa benvida do alcalde anfitrión, o larachés José Manuel López, e a presentación a cargo da presidenta, Mónica Rodríguez, e do vicepresidente e deputado provincial de Turismo, Xosé Regueira.

Despois, ás 18.00 horas, celebrarase unha mesa redonda baixo o lema Os ceos e as estrelas na Fin do Mundo, a cal estará moderada por Jorge Mira, catedrático do Departamento de Astrofísica da USC, e participarán como poñentes Antonia Varela, directora da Fundación Starlight, e Aléix Roig, consultor en astroturismo. O acto pecharao a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

29 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.