Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Caixas solidarias en Vimianzo para Cruz Vermella e Cáritas

Habilitaron tamén unha conta bancaria para doazóns // Este ano non poden celebrar a gala

O Concello de Vimianzo, Cáritas e Cruz Vermella abogan pola colaboración nun ano que non haberá Gala Solidaria por mor da Covid-19. Tampouco visitarán os establecementos as persoas voluntarias destas organizacións, xa que toda prevención “é pouca para frear esta pandemina mundial”, segundo reza o escrito asinado este martes pola alcaldesa, Mónica Rodríguez; a presidenta de Cruz Vermella, Rebeca Veiga e a directora adxunta de Cáritas, María Carmen Vázquez.

Non obstante, son conscientetes de que “está sendo unha etapa con moitas dificultades para todas e todos, non só no ámbito da saúde, senón tamén no edio económico a nivel xeral”. Por iso, inciden na importancia de facer “un pequeno esforzo para axudar aos colectivos máis vunerables nesta pandemia”.

Con tal fin habilitaron o número de conta bancaria ES51 2080 0082 4130 0007 3452 para que as persoas que desexen colaborar poidan facer as respectivas doazóns.

Ademais, tamén habilitarán caixas solidarias para doazóns de alimentos nas igrexas, centros educativos, supermercados, a casa do concello e nas sedes de Cruz Vermella e Cáritas.

A rexedora vimiancesa, Mónica Rodríguez, quere subliñar “a importancia da labor social que realizan día tras días tanto Cruz Vermella como Cáritas” no municipio vimiancés e na súa contorna, e asegura que “agora tócanos dar un pasiño máis nun tempo tan complexo”.

Agradeceu tamén a Rebebeca Veiga e a María Carmen Vázquez “que teñan acudido esta mañá ao concello para coordinar as accións que se levarán a cabo nas vindeiras semanas”. Agradecemento ao que se sumaron tanto a presidenta da Cruz Vermella como a directora de Cáritas.

Hai que lembrar que nos últimos anos ambas organizacións, co apoio municipal e de voluntarios, organizaban unha gala solidaria na casa da cultura de Vimianzo para recadar fondos para as familias máis necesitadas da zona.

reactivación
Aprobadas as bases dos vimi-bonos

• A Xunta de Goberno Local aprobou as bases para os Vimi-Bonos, unha proposta de 178.000 euros destinada á reactivación do comercio e a hostalería locais. Cóntase que estean recollidas no Boletín Oficial da Provincia a finais de semana para todas as persoas interesadas poidan solicitalos.

• Están dirixidos a persoas maiores de dezaoito anos empadroados e empadroadas en Vimianzo e cada bono está dotado con 25 euros. A campaña ten como lema ‘Vimianzo medra contigo!’, e o Concello complementará esta acción con Vimi-Rascas e asesoramento para posicionamento en redes e e web de cada comercio e local de hostalería para que poidan sacarlle o mellor partido aos seus negocios.

24 nov 2020 / 17:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.