Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Camariñas da voz aos mozos e Vimianzo crea un vídeo para o 25-N

Dumbría súmase á campaña provincial ‘De fronte contra as violencias sexistas”

Vimianzo. A Costa da Morte segue a programar actividades para concienciar á sociedade e rexeitar a violencia de xénero. Así, en Camariñas, o Concello dá voz á mocidade e visibilidade ao traballo dos centros escolares para conmemorar o 25-N.

As mozas e mozos do IES Pedra da Aguia e os nenos e nenas de primaria elaboraron cadanseu vídeo en coordinación coa área de Igualdade. Colgaranse nas redes sociais e nas páxinas web do Concello e dos centros educativos.

Pola súa banda, o Concello de Vimianzo prepara unha escolma de actividades de cara ao 25-N adaptadas á situación de incidencia da Covid-19. Hoxe reunirase o xurado do concurso de microrrelatos no que participaron 45 persoas. Estará formado por Natalia Lema, Miriam Gándara, Patricia Vaquero e Nieves Lema. O fallo farase público o mércores, día 25, logo da concentración prevista, que será no paseo fluvial, a carón dos bancos que pintou para a ocasión o alumnado do obradoiro de emprego. Todos os relatos finalistas serán difundidos nas canles municipais.

Tamén están a preparar unha vídeo montaxe con mensaxes contra a violencia machista, no que participaron distintos axentes sociais, colectivos e veciños e veciñas.

En Dumbría, o Concello vén de difundir un manifesto de rexeitamento á violencia en todas as dimensións, e sumouse á campaña De fronte, da Deputación, que inclúe un desafío poético, palestras e a produción Contos de nenas grandes e pequenas. J. L.

23 nov 2020 / 19:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.