Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Camariñas personaliza
o seu mobiliario urbano

COSTA DA MORTE. O Concello de Camariñas continúa cos traballos de personalización do mobiliario urbano. Este mércores comezaron as tarefas de serigrafía dun dos bancos do municipio, no que xa se pode ler unHa estrofa da canción Camariñas, Camariñas. Trátase dunha experiencia piloto, que se prolongará no tempo “se a resposta dos veciños resulta positiva e satisfactoria”, sinalan dende o goberno local. Os diferentes elementos que se poden atopar pola rúa serán decorados con motivos e símbolos que recorden e potencien o sentido de pertenza ao municipio camariñán. A intención, engaden, “é a de seguir dotando á vila dun encanto visual que atraia as miradas tanto dos habitantes como dos turistas que a visiten”. Esta é unha iniciativa máis dentro dos numerosos plans que están a levar a cabo para facer de Camariñas “un lugar aínda mellor no que estar e tamén no que vivir”, incorporando ao mobiliario pequenas pinceladas da historia local. M. R. L.

16 sep 2020 / 17:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.