Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Camariñas promove cursos gratuítos telemáticos para a mellora da xestión forestal

Aplicación de tecnoloxías de xeoposicionamento e a valorización de subprodutos son as temáticas a impartir

Camariñas. O Concello de Camariñas oferta dous cursos gratuítos relacionados co sector forestal e abertos a todos os públicos, residentes ou non no municipio. Levaranse a cabo de xeito telemático.

As materias que abordarán son a aplicación de tecnoloxías de xeoposicionamento na xestión de explotacións forestais e a valorización de subprodutos do monte. Comezarán a impartirse os días 14 e 15 de outubro, respectivamente, e os interesados poderán anotarse antes do comezo a través do formulario dispoñible no enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeAvPs ofTNFQVnIkf8snK9aeSKb2P0PvA1Jaf67ZtMyTUo_EA/viewform?gxids=7628.

O curso de tecnoloxías de xeoposicionamento emitirase en directo os luns, mércores e venres do 14 ao 28 de outubro. Servirá para que os participantes aprendan, entre outras cousas, a obter as referencias catastrais das súas parcelas, os visores que permiten coñecer o seu estado respecto á normativa vixente, e tamén achegarse ás aplicacións móbiles de localización e planificación para unha boa xestión.

Pola súa banda, o curso de valorización de subprodutos forestais celebrarase os martes e xoves do 15 de outubro ao 3 de novembro. Esta acción formativa abarcará os distintos aproveitamentos alternativos ou complementarios aos madereiros, compatibles coa lexislación vixente, e tamén ferramentas que engaden valor ás producións forestais.

As persoas interesadas en participar poden obter máis información chamando á Casa de Pedra a través do teléfono 981 737004, e preguntando por Daniel.

LIMPEZA EN CAMELLE. Pola súa banda, a Asociación de Veciños de Camelle e Mar de Fábula organizarán o domingo, día 11, unha recollida de lixo plástico acumulado no coído onde se asenta o Museo-Xardín de Man. Os voluntarios que desexen sumarse á causa, a efectos de cobertura de seguros e cadea de contactos polo covid-19, deberán inscribirse aportando os datos persoais e o número do DNI a través do correo electrónico info@mardefabula.es, ou tamén chamando ao teléfono 608 609042. Lembran que o número de prazas é limitado. M. LAVANDEIRA

07 oct 2020 / 18:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.