Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Camariñas suma novas familias ao programa de compostaxe

O Concello iniciará a próxima semana o reparto dos composteiros, a formación e o asesoramento individualizado aos novos participantes do programa de compostaxe municipal Camariñas Composta, tras rematar a primeira fase de difusión e captación de participantes.

Os novos usuarios e usuarias serán citados para participar nas accións formativas, que se levarán a cabo en grupos pequenos divididos por parroquias e seguindo todas as medidas de seguridade e distanciamento social requiridas polas autoridades sanitarias.

A súa formación e o seguimento personalizado correrá a cargo das técnicas de Amigos da Terra, que acompañarán a estas familias ao longo do proceso a fin de resolver dúbidas e solucionar problemas, capacitándoas para que elas soas continúen o proceso.

O prazo de inscrición para sumarse ao programa de compostaxe segue aberto e o único requisito para formar parte é, ser veciño do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto e motivado a formar parte desta iniciativa educativa e formativa. Para anotarse poden chamar ao teléfono 981 737 004 ou enviar un correo a medioambiente@camarinas.net.

O Concello de Camariñas decidiu poñer en marcha este programa de compostaxe doméstica destinado a toda a súa poboación que conte cun pequeno terreo no que compostar os seus residuos orgánicos, impedindo que cheguen aos contedores da rúa e pechando o ciclo da materia nos fogares.

O proxecto, que rematará en novembro e que está financiado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, atópase actualmente na fase de entrega de composteiros, formación e asesoramento individualizado aos novos participantes. Preténdese que 200 novas familias comecen a reducir residuos a partir da implantación do programa e a transformalos en compost para os seus xardíns ou plantas. Ademais, ao reducir os desprazamentos destes residuos á planta, estase a provocar unha redución nas emisións de gases de efecto invernadoiro e por tanto freando o cambio climático.

“Coa compostaxe estaremos reducindo nun 50% a cantidade de residuos enviados ó ciclo da xestión municipal, producindo un importante aforro municipal, ademais de obter un produto de calidade para os solos do noso Concello”, declara Sergio Caamaño, Concelleiro de Medio Ambiente e responsable do proxecto.

05 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.