Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Campamento en Zas e xogos para descubrir o patrimonio de Corcubión

En Laxe preparan un festival de panxoliñas coa escola local de música, asociacións e veciñanza

Achéganse as datas centrais do Nadal e con elas múltiples propostas para desfrutar en familia destas datas. En Zas, dende o luns, día 26 ata o venres, día 30, os nenos e nenas poderán gozar dun campamento de Nadal con obradoiros, xogos e música. Desenvolverase nos centros socioculturais de Zas (de 10.00 a 13.00 horas) e no de Baio (de 16.00 a 19.00 horas).

Os Reis Magos chegarán ao concello o mércores, 4 de xaneiro, para percorrer as distintas parroquias. Ademais, o xoves, día 5, haberá cabalgatas polas rúas de Baio, a partir das 18.00 horas, e recepción real na Praza Jorge Mira Pérez. O encontro estará animado musicalmente polos Trasnos de Nadal.

A comitiva real tamén percorrerá as rúas de Zas, dende as 18.30 horas. A recepción ás Súas Maxestades será na Praza do Concello, onde os asistentes poderán desfrutar coa actuación do Mago Paco.

Pola súa banda, en Corcubión, deporte e patrimonio centran boa parte do programa lúdico. Así, o venres, día 23, disputarase a Supercopa de Bares Futsal (20.00 horas no pavillón) e do 26 ao 30 de decembro as portas do polideportivo estarán abertas para practicar deporte, previa reserva, de 17.00 a 21.30 h.

A través de xogos de interior e exterior, o Concello convida a nenos e nenas de 4 a 7 e de 8 a 12 anos a descubrir o patrimonio local, a través de diferentes sesións que terán lugar os días 27, 28, 29 e 30 de decembro na casa da cultura de 10.30 a 13.30 horas.

Ademais, o día 29 no salón de plenos, presentarase o libro Lo contarán las olas, de Nuria Matías. A cita é ás 19.00 horas. Coa chegada do ano novo, entre o 2 e o 5 de xaneiro, haberá un ciclo de cinema infantil con proxeccións ás 11.00 h na casa da cultura.

E para comezar o 2023 en forma, o día 3 de xaneiro impartirase unha masterclass de queimagraxas aberta ao público adulto, de 20.30 a 21.30 no pavillón. Ao día seguinte, no mesmo horario, haberá outra de pilates.

A chegada dos Magos de Oriente está programada para o día 5 de xaneiro, cando se celebrará a Cabalgata de Reis ‘A maxia existe’, amenizada cun espectáculo, de 17.00 a 20.00 horas polas rúas de Corcubión. As actividades de Nadal rematarán o día 7 cunha festa infantil con inchables no pavillón ás 17.00 horas.

No municipio mariñeiro de Laxe recibirán este xoves a visita de Papá Noel e dos Reis Magos, que pasarán polo colexio e as escolas unitarias.

E mañá venres, día 23, celebrarase un festival de panxoliñas na igrexa de Santa María da Atalaia (20.00 horas) no que participarán a escola municipal, asociacións e veciños. Dende o 26 de decembro ao 4 de xaneiro os pequenos de 6 a 12 anos gozarán do campamento Nadalaxe, e o día 5, a cabalgata de Reis percorrerá todas as parroquias.

22 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.