Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Campamentos Vimiverán de conciliación para os nenos e nenas vimianceses

Este ano chegarán ás parroquias de Baíñas, Salto e Berdoias e haberá catro quendas

Vimianzo. Todos os nenos e nenas de Vimianzo que fixeron a preinscrición para o Campamento Vimiverán teñen a praza garantida. A partir deste mércores e ata o un de xullo poderán formalizar a súa matrícula na casa da cultura de 08.00 a 15.00 horas, ou chamando ó 981 717288. O prezo é de 50 € por quenda ou actividade (o desconto para familias numerosas é de 5 €).

A principal novidade será o Vimiverán nas parroquias de Baíñas, Salto e Berdoias, que son as que acadaron o número mínimo de quince inscritos. Haberá tamén servizo de madrugadores e actividades temáticas para dar a coñecer á rapazada o concello.

Serán ademais actividades formativas, xa que haberá Vimiteatro, Vimideporte e Vimichef, nas que a cultura, o deporte e a gastronomía serán as temáticas principais. O obxectivo prioritario é facilitarlle a conciliación ás familias do concello, e para iso preséntanse distintas quendas.

A primeira, do 27 de xuño ao 15 de xullo, terá Vimideporte e Vimiteatro para nenas e nenos nados entre 2009 e 2019. Do 18 de xullo ao 5 de agosto haberá Vimichef na aula de cociña da Escola de Reboredo, en Salto, que estrearán as rapazas e rapaces para esta actividade, xa que conta con varios equipos de cociña instalados recentemente. Ademais, participarán nun concurso premiado con diferentes sorpresas.

Do 9 ao 26 de agosto, o Vimichef (30 prazas) será para nenas e nenos nados entre 2010 e 2016. O Vimideporte desta quenda contará cun máximo de 50 prazas. M. l.

23 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.