Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Casting’ ergue o pano da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose en Zas

Este sábado, 23 de abril, comeza a V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose coa representación de Casting, unha comedia da compañía Hipócrita Teatro, de Lugo. A cita, dirixida ao público adulto, é ás 21.30 horas no Auditorio de Zas e a entrada é de balde.

Trátase dun certame organizado por quinto ano polo Concello de Zas no que se representarán cinco obras de teatro ao longo dos vindeiros sábados. Entre elas repartiranse 3.500 euros en premios. Ao igual que nas pasadas edicións, o público terá un papel moi importante xa que será o encargado de outorgar un dos premios. Así, ao final de cada representación os asistentes poderán valorar a obra de forma anónima cubrindo unha sinxela papeleta. Coa suma de todas as votacións, determinarase a mellor obra valorada polo público que recibirá un premio de 200 € xunto cun trofeo e un diploma acreditativos.

Casting é unha parodia sobre os estereotipos femininos no cine de Hollywood. Mirna Lois, unha diva dos anos 50; Norma Lee, actriz de cine “erótico”; e Úrsula Cimarrón, unha moza aspirante a actriz; coinciden nun cásting. Todas compiten por un único papel. Atrapadas nos seus personaxes chegarán ó límite do ridículo por cumprir coas expectativas do seu rol. Os autores desta obra, que foron os propios membros do grupo, defínena coma “unha comedia agridoce” para chorar, rir e incluso chorar da risa.

Hipócrita Teatro é unha compañía de teatro afeccionado que naceu en Lugo no 2004. Dende a súa creación estreou máis de media ducia de obras, a maioría delas de autoría propia. O grupo participou en numerosos espectáculos de rúa, performances, contacontos, radio teatro,.... Algún deles en colaboración outras entidades con fins culturais ou sociais.

Ademais da creación e posta en escena de espectáculos teatrais de diferente formato, Hipócrita Teatro desenvolve outras actividades orientadas á dinamización social e cultural. Dende o 2014 dispón dun local no que se programan diferentes actividades culturais relacionadas coas artes escénicas.

22 abr 2022 / 21:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.