Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Catro obradoiros para a Costa da Morte

VIMIANZO. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na clausura do obradoiro de emprego de garantía xuvenil de Vimianzo, compartido con Muxía e Camariñas, que este ano formou a 20 persoas en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web e instalacións de elementos de carpinterías. Recalcou que agora todos os alumnos estades mellor preparados para atopar un emprego”. O obxectivo, incidiu, “é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente nos do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación”.

No acto participaron tamén as alcaldesas de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e Camariñas, Sandra Ínsua, e o seu homólogo de Muxía, Iago Toba, ademais de concelleiros e técnicos dos tres municipios.

Trenor informou tamén que no ano 2021-2022 desenvolveranse catro novos talleres duais en Bergantiños e Costa da Morte: o de Camariñas, compartido con Muxía e Vimianzo; o de Carballo; o de Dumbría compartido con Cee e Corcubión e o da Laracha. Permitirán que 100 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais é de nove meses.

Trenor destacou que “os obradoiros de emprego permiten dotar a nosa poboación activa de formación de calidade ao tempo que desenvolver un traballo produtivo de utilidade pública ou interese social, coa posibilidade de acreditalo a través dos certificados de profesionalidade”. Una vez rematados, dixo, “contemplan a opción de traballar nunha empresa da contorna, a xornada completa, por un mínimo de tres meses, a través dos incentivos á contratación concedidos desde a Administración autonómica”.

15 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.