Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cee abrirá outro proceso de licitación do servizo de recollida de residuos

A Corporación acordou desistir das bases aprobadas e elaborar unhas novas // A alcaldesa di que é necesario por un cambio de lexislación // O PP demanda ao goberno que teña en conta as aportacións da oposición

O pleno da Corporación de Cee acordou desistir do proceso de licitación do servizo de recollida de residuos para elaborar un novo prego de condicións, logo de que a Asociación de Pequenas Empresas presentase outra alegación ante o Tribunal de Contratación.

A alcaldesa, Margarita Lamela, asegura que a modificación das bases vén obrigada por un cambio lexislativo que obriga a contemplar tamén os custes da xestión dos residuos orgánicos (colector marrón).

Pola súa banda, o portavoz do PP, Antonio Domínguez, asegurou que as alegacións formuladas pola referida asociación recollen “os mesmos motivos que xa expuxera o noso grupo ao longo de toda a tramitación”. Lembrou que advertiron en todas as comisións, “por activa e por pasiva”, ao grupo de goberno (PSOE) de que o prego “era moi deficiente”.

A este respecto, os populares alertaran de que non se recollía a Seguridade Social dos traballadores do servizo, que se calculaba mal o consumo de gasoil, e que non se contemplaba a limpeza de contedores nin a recollida do contenedor marrón. “Agora tamén dirá que a lei se fixo para darlle a razón ao PP”, afirma Domínguez en alusión á rexedora, á que acusou de “descalificar” e “insultar” todas as súas propostas.

Margarita Lamela respondeu negando que houbese “descalificacións nin insultos” con respecto a portavoz popular, e lembrou que o rexeitamento das súas propostas estaba xustificado por un informe técnico.

Ante o novo escenario que se plantexa agora, dende o PP piden que “non se cometan os mesmo erros, pois este é o maior contrato do Concello e si o prego se fai mal iso repercutirá no bolsillo de todos os ceenses”. Por iso, pediron á rexedora que “conte con toda a oposición”.

O voceiro de IxCee, Ramón Vigo, pediu que, en aras de axilizar o proceso, que se solicite aos colectivos que formularon alegacións que aporten unha proposta de prego para ter en conta todos os requisitos. A este respecto, a rexedora sinalou que “teremos en conta as súas propostas”.

25 mar 2021 / 19:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.