Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cee elaborará un novo pliego para a contratación do servizo de recollida de residuos

A alcaldesa asegura que o motivo é a entrada en vigor dunha nova lei // Reunirá hoxe á Corporación para deixar sen efecto as bases xa aprobadas

A Corporación de Cee celebrará hoxe unha sesión extraordinaria para acordar a anulación do pliego de condicións aprobado días atrás para licitar a concesión do servizo de recollida de residuos, logo de que se presentase unha nova alegación por parte dunha asociación e de que entrase en vigor unha nova lexislación.

A este respecto, a alcaldesa, Margarita Lamela, sinalou que se trata da Lei de residuos e solos contaminados de Galicia, publicada no DOG de 25 de febreiro “cuxa entrada en vigor é os 20 días naturais da súa publicación, polo que no momento da aprobación do expediente de contratación non estaba vixente”.

Tal e como sinala o recurrente, engade, “trae unhas consecuencias económicas substanciais para o cálculo do valor estimado e o presuposto base de licitación, non estando incluído nos actos preparatorios do contrato o custe dos medios humáns e materiais para realizar o servizo para recollida separada de biorresiduos (colector marrón), sendo obrigatorio conforme á lei citada”.

24 mar 2021 / 20:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.