Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cee elaborou unha guía que invita e axuda a sementar a igualdade

Será entregada a todos os centros educativos, forzas de seguridade e espazos sanitarios

Cee. O Concello de Cee, xunto co Centro de Información á Muller (CIM), elaborou unha guía de sensibilización e información contra a violencia de xénero titulada Sementemos igualdade, a cal foi subvencionada polo Pacto de Estado, e será entregada a todos os centros educativos, ao Hospital Virxe da Xunqueira, ao Centro de Atención Primaria, ao PAC, aos xulgados, ás forzas e corpos de seguridade do Estado (Garda Civil e Policía Local), ás bibliotecas e ás asociacións Apem e Aspadex.

A guía contén información básica para saber recoñecer actitudes e comportamentos machistas e poder actuar contra eles. “O noso obxectivo é que chegue ao maior número de persoas”, afirma Emilia Trillo, concelleira de Benestar Social e Igualdade. O reparto comezará o vindeiro día 8 de marzo e realizarase ó longo da semana.

Por outra banda, iluminarán en cor violeta o monumento de Domingo Antonio de Andrade e a rotonda do hospital. Ademais, o día 8 ás 12.00 horas, na Praza 8 de Marzo, sempre e cando o tempo o permita, lerase a Declaración Institucional do 8-M, cumprindo coas medidas de seguridade sanitaria.

BANCOS VIOLETA. A continuación procederán a colocar dous bancos pintados en cor violeta na zona do Punto de Atención Continuada (PAC), que servirán de homenaxe permanente á muller. Ademais, o Concello ceense tamén publicará nas redes sociais municipais un pequeno vídeo como homenaxe a todas as mulleres. J. M. RAMOS

04 mar 2021 / 17:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
8-M
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.