Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cee recibiu ao Saltarín que choutou ata Fisterra

COSTA DA MORTE. Preto de cen persoas asistiron á cita co Saltarín en Cee, onde a mestra e escritora Guadalupe Vázquez Formoso presentou o seu segundo conto: Voa Saltarín, ata a fin da Terra! Fly, little Grasshopper, to the end of the World! Un conto bilingüe (galego e inglés) de contido pedagóxico que, segundo relatou a autora, “é tamén un conto de amor á terra”, xa que as súas obras están ambientadas “nos paraísos da Costa da Morte”. Neste caso o faro de Fisterra, pero “poderían ser outros moitos: o faro de Touriñán, o santuario da Barca, o cabo Vilán, a vila señorial de Corcubión ou alameda de Cee...” subliñou Guadalupe.

Lembrou ademais que foi seu pai, falecido moi novo, quen lle inculcou “este amor pola terra e pola literatura”, pois el, a pesar de vivir emigrado en Estados Unidos sempre tiña a Galicia no seu pensamento “e mesmo mercou unha radio para seguir os partidos do Depor”. Agradeceu tamén o apoio da Xunta, o Xacobeo 21-22, a Deputación, ao Clúster de Turismo e ao Colexio Manuela Rial, onde exerce como mestra, “pois sen o contacto diario cos nenos e nenas estes libros non terían sentido”.

Adiantou asemade algunhas das ilustracións do que será a terceira entrega de Saltarín, que ademáis do seu carácter pedagóxico será tamén un conto inclusivo, que nesta ocasión estará ambientado no Monte Pindo e o saltón compartirá protagonismo co Xigante da Mina.

Guadalupe estivo acompañada da alcaldesa, Margarita Lamela, que presidiu a presentación, e polo seu fillo Antón Sambade, ao que a rexedora fixo un agasallo como gañador do Concurso Nacional de Infancia Misionera. M. L.

20 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.