Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cee sumará á compostaxe medio cento de vivendas con horta ou xardín

Cee. O Concello de Cee, en colaboración coa Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), amplía o programa de compostaxe doméstica mediante a entrega de cincuenta novos composteiros entre as veciñas e veciños.

Os interesados en sumarse a este plan deberán dispoñer dunha horta ou xardín onde instalar o composteiro e poderán apuntarse a partir do luns, día 21 de xuño, mediante solicitude no rexistro municipal, ben presencialmente ou na sede electrónica.

A selección dos participantes será por orde de presentación e rexistro das solicitudes. Tódolos fogares seleccionados recibirán a información oportuna sobre o funcionamento do programa de compostaxe por parte dos técnicos de Sogama o día da entrega dos composteiros.

Na Costa da Morte tamén participan deste programa outros concellos, como Camariñas, Vimianzo, Carballo, Coristanco, A Laracha e Malpica coa fin de mellorar a xestión dos residuos. J. M. R.

18 jun 2021 / 16:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.