Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cee ten en marcha proxectos de obras por valor de máis dun millón de euros

O Concello de Cee adxudicou recentemente a execución de varios proxectos, cuxa contía ascende a 1.155.500,90 euros.

A alcaldesa, Margarita Lamela, xa formalizou o contrato para a rehabilitación enerxética da casa do concello, por un importe de 469.117 €, que consistirá na incorporación do illamento térmico polo exterior, a substitución de tódalas fiestras e da cuberta, solventando así os problemas de entrada de auga e de humidades.

Asemade, executaranse os proxectos de aforro e eficiencia enerxética nos lugares de Toba de Arriba, Xallas, Cábado e Morancelle, por un importe de 110.141,74 €; na Avenida de Fisterra, Agra de Escabanas, A Granxa, Bazarra, Toba de Abaixo, urbanización de vivendas Fernando Blanco (Casas Baratas), paseo marítimo, Paseo Alcalde Pepe Sánchez, rúa Estatuto de Autonomía de Galicia dende a praza Concha Blanco ata Paseo Alcalde Pepe Sánchez, rúa Ourense, praza Concha Blanco, centro comercial, rúas Matadoiro, Lugo, San Roque, Gueifar, zonas do hospital, Facenda, casa de cultura e piscina, por un importe de 153.411,44 euros. Nos dous casos suporá o cambio de todas as luminarias por unhas novas de tecnoloxía LED, a actualización dos centros de mando e a substitución do cableado.

Por outra banda, mellorarán a capa de rodaxe do Campo do Sacramento e da rúa da Mariña (19.345,29 euros); acometerán a drenaxe no rego da Carbaliza, consistente na reparación da ponte coa instalación dun marco prefabricado de formigón e unha nova capa de rodaxe con aglomerado en quente (25.942,40 €). Tamén se mellorará a pista de Vilanova a Bermún cunha capa de aglomerado en quente (38.301,87 €). Están contratadas igualmente actuacións no núcleo de Lires: pavimentación dun camiño interior con formigón e a reparación do muro existente de sostemento do viario (27.225 €).

A maiores, segundo sinala a alcaldesa, hai varios proxectos adxudicados e pendentes de formalización de contrato, como é o caso dos plans de aforro e eficiencia enerxética nos lugares de Estorde Norte, Toba (Igrexa), O Son e Vilar de Toba (107.270,34 €); A Pontella, Berroxe, A Pallagueira, Raso e Estorde (103.380,14 €); Gures e Ameixenda (101.365,78 €). “Todas estas obras son de inicio inminente”, conclúe Margarita Lamela.

23 jul 2021 / 09:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.