Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chega a Cee a función teatral e de sombras chinescas ‘La mona Simona’

A cita é o 5 de novembro no auditorio e complementarase cun obradoiro para os nenos

Cee. A compañía asturiana La Sonrisa del Lagarto chegará a Cee o día 5 de novembro para presentar La mona Simona, un espectáculo co que acadou o Premio á Mellor Produción no Festival Internacional de Teatro Infantil y Juvenil, de Santo Domingo (República Dominicana). O elenco de actrices está formado por Marli Santana e Ave Hernández.

A cita é no auditorio da casa de cultura, a partir das 18.00 horas. É un espectáculo para maiores de 5 anos e o custo das entradas é de 5 euros (3 €, as bonificadas) e poderán mercarse una hora antes no despacho de billetes. Trátase dunha obra enmarcada na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.

La Sonrisa del Lagarto é uha compañía cunha traxectoria de máis de vinte anos e ten actuado por toda España e en diferentes festivais internacionais en Portugal, República Dominicana ou Colombia. Agora chega a Cee cun innovador espectáculo, inspirado en valores como a amizade e o amor á natureza.

MUNDO MÁXICO. Innovador porque combina as técnicas do teatro de sombras chinescas, os títeres e a narración e interpretación. Ademáis, a función recrea o mundo máxico, por medio da teatralización dos contos universais.

Esta mestura de técnicas e a dificultade que afronta cada unha delas por separado e en conxunto, xeneran un espectáculo revelador, moderno, ideal para o desfrute de toda a familia pola súa creatividade e calidad artística. M. L.

27 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.