Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Chega a Vimianzo ‘Conexión pingüín’

Terra de Soneira. O vindeiro sábado, 17 de abril, estréase Conexión Pingüín no auditorio de Vimianzo, unha comedia sobre a incomunicación protagonizada por Luís Iglesia e Marcos Orsi, con texto de José Prieto e producida por Culturactiva Producións. Tralo éxito de Sénior, estes dous actores xúntanse de novo para meterse na pel de dous intrépidos montañeiros que tratan de chegar á Antártida. Unha reflexión cómica sobre a incomunicación na era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte e sobre todo moito humor. A cita dará comezo ás 20.30 horas. A obra conta coa apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). J. M.

12 abr 2021 / 17:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.