Chega ao Colón o documental sobre o Camiño por Brandomil
Zas. Cerca de duascentas persoas puideron gozar o venres do documental Camiño Xacobeo. Santiago-Muxía por Brandomil, que foi proxectado desta volta no Teatro Colón da man da Deputación da Coruña.
Antes da súa proxección foi presentado polo director do mesmo, Manuel Rial. Ao finalizar abriuse un tempo de coloquio no cal agradeceu á Fundación Brandomil a produción, así coma á Deputación da Coruña pola “oportunidade de emitir o documental neste magnífico espazo”, sinalou Rial.
Tamén invitou aos asistentes a facer o camiño que une Compostela con Muxía, pasando por Brandomil (Zas). Co afán de seguir dándolle difusión a esta ruta xacobea, o documental seguirá percorrendo outros concellos da contorna. m. Lavandeira
24 abr 2022 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.