Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

CIG rexeita o ERTE nas plantas de Xeal de Cee e Dumbría

Acusan á empresa que querer “desmantelar” as factorías // Solicitan a intervención da Xunta

A sección sindical da CIG rexeita a decisión de Xallas Electricidad y Aleaciones (Xeal) de activar o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) a partir do vindeiro día 24 de setembro, porque aseguran que “supón afondar no proceso de desmantelamento progresivo das fábricas de Cee e Dumbría”.

Denuncia ademais que non foi negociado coa actual representación social, “senón que se trata do expediente asinado en febreiro de 2019 en Madrid entre Ferroatlántica (antiga propietaria das factorías) e tres centrais sindicais”.

Esta decisión evidencia, segundo a CIG, “a fraude da operación de compra-venda entre Ferroatlántica e TPG, que só busca segregrar as fábricas das centrais hidroeléctricas para avanzar no seu desmantelamento e poder facer negocio coa produción de enerxía saltando as obrigas que impoñen as concesións administrativas. Un camiño para o que Xeal aproveita a coxuntura económica derivada da pandemia da Covid-19”.

Entenden que hai “mala fe” por parte da compañía e sinalan que, mentres se recorta a produción en Cee e Dumbría, o resto das fábricas de Ferroglobe (do que formaban parte antes as factorías da Costa da Morte) incluídas nese ERTE están traballando practicamente ao cen por cen da súa capacidade”, namentras que aquí só están operativos dous dos cinco fornos.

Dende a CIG esixen á Xunta “unha implicación inmediata, que convoque ao comité á xuntanza que está pendente de celebrarse dende febreiro” e que proceda ao rescate das concesións.

17 sep 2020 / 19:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.