Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cinco expedientes de sobresaínte no IES Fernando Blanco de Cee

Cee. Laura Cernadas Gómez (3ª ESO), Ari Moure Martínez (1º Bacharelato), Darío Domínguez de la Fuente (1º Ciclo Básico de Electricidade), Nerea Santamaría Fariña (1º Ciclo Medio de Xestión Administrativa) e Carlos López Fernández de Castillejo (1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas) son os cinco alumnos merecedores das Becas-Premio da Fundación Fernando Blanco 19/20, de Cee, ao acadar notas medias entre 9,75 e 10. Cada un deles recibirá 500 euros (220 en metálico e 280 en vales de compra nos establecementos colaboradores). O acto de entrega celebrouse de xeito virtual, debido á pandemia, e estivo presidido polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, quen expresou os parabéns aos alumnos e asegurou que o traballo e as horas de estudo “son un camiño de esforzo que paga a pena percorrer”, xa que “a rigorosidade e a excelencia será o selo diferencial que vos abrirá as portas do futuro a nivel persoal e profesional”.

No acto tamén participaron o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González; o secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luís Mira Lema; a directora do IES Fernando Blanco e presidenta da Fundación, Chelo Trillo; e o secretario da mesa, Darío Areas, entre outros.

05 may 2021 / 19:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.