Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cincuenta aniversario das festas de San Antonio de Xallas, en Cee

A proxección de ‘El pase de Dios’ dá continuidade este sábado aos actos do Ano Xubilar da Xunqueira // Será nos Cines Xunqueira a partir das 22.30 horas

Despois de 22 anos, a imaxe de San Antonio de Padua da parroquia de Cee regresa a Xallas para a novena e a festa. Foi no ano 2000 a última vez que se levou ata o lugar, que no 2001 inaugurou a capela construída polos veciños na horna de San Antonio, acto no que tamén se bendeciu a actual imaxe que veneran en Xallas.

Non obstante, este ano, coincidindo co 50 aniversario da festa ambas imaxes estarán na capela para a novena que comeza este venres ás 21.00 horas e a festa que terá lugar o domingo 12 de xuño, a partir das 13.00 horas.

O luns, día 13, festividade de San Antonio, trasladarán as dúas imaxes á igrexa parroquial de Cee para a función na honra do santo, que comezará ás 21.00 horas. Haberá procesión extraordinaria cas dúas tallas de San Antonio de Padua polas rúas de Cee, coa que se darán por clausurados os actos do 50 aniversario das festas de Xallas.

Unhas celebracións que están enmarcadas na programación do Ano Xubilar Mariano da Virxe da Xunqueira, que este sábado, día 4, trae a Cee a proxección da película El beso de Dios, que se complementará cun coloquio co director da mesma, Pietro Ditano. O pase comezará ás 22.30 horas nos Cines Xunqueira.

02 jun 2022 / 20:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.