Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cine, música e teatro na recta final de agosto en Dumbría

A vindeira semana chega a Dumbría acompañada de cine, música e teatro. O martes, día 24, no paseo marítimo do Ézaro proxectarase a a película Sicixia a partir das 22.00 horas. Ao remate, os asistentes poderán participar nun coloquio co seu director, Ignacio Vilar.

O venres, día 27, as instalacións do Conco acollerán o espectáculo musical infantil Contos de Chuches Amil. Comezará ás 19.00 horas, e trátase dunha actividade organizada pola Biblioteca de Dumbría que está financiada a través do programa Ler Conta Moito 2021 da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

E o domingo, día 29, a compañía Talía Teatro presentará no Conco a obra Voa, voa!, dirixida ao público infantil e familiar. A función comezará ás 20.00 horas e está enmarcada na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

20 ago 2021 / 20:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.