Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Coches con douscentos euros para combustible por comprar en Feirauto

Zas. Os días 18, 19 e 20 xuño celebrarase en Baio a 47 edición de Feirauto, unha das feiras de coches de ocasión máis antigas de Galicia. Os talleres participantes ofrecerán unha gran cantidade vehículos seminovos de todos os estilos con importantes descontos e vantaxosas condicións de financiación.

Todos están 100% revisados e contan con 12 meses de garantía. Os talleres abrirán as súas portas nun horario especial e adoptarán todas as medidas de hixiene e seguridade para evitar a propagación da COVID. Ademáis de ofrecer unha gran cantidade de vehículos de ocasión, entregaranlle un cheque regalo de 200 € para canxear por combustible a todas aquelas persoas que merquen o seu vehículo durante esta campaña de portas abertas na vila baiesa.

O evento está organizado pola Asociación do Automóbil de Baio e a Federación de Empresarios de Costa da Morte (Fecom), en colaboración coa Deputación da Coruña e co Concello de Zas. J. M. r.

17 may 2021 / 15:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.