Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Cociñando relacións’ en Muxía para fomentar a igualdade

O Concello e o CIM involucraron á mocidade, homes e mulleres no proxecto

O Concello de Muxía, a través do Centro de Información á Muller, levou a cabo o proxecto ‘Cociñando Relacións’, nado para proporcionar un achegamento á temática da igualdade de oportunidades á mocidade, mulleres e homes; para analizar os procesos de socialización como factor determinante da creación das identidades de xénero; para achegar novas formas e modelos de desenvolvemento persoal e social e para ofrecer espazos de encontro para compartir vivenzas persoais en clave de igualdade.

O que se pretendía era intervir coa veciñanza a través de tres actuacións diferenciadas, pero cun obxectivo común: a promoción da igualdade.

A primeira, ‘Entre fogóns falamos de relacións’, levouse a cabo entre homes e abordáronse conceptos básicos de igualdade de oportunidades, socialización, identidades de xénero ou a construción específica da masculinidade. Tamén se levou a cabo unha actividade de cociña, para incentivar e concienciar da necesidade de realizar as tarefas do fogar, e o máis importante: asumilas como propias.

Na segunda, ‘Receitas de sororidade’, traballaron con mulleres para abordar conceptos básicos de igualdade de oportunidades, a toma de decisións para mellorar a autoestima ou a autonomía, a capacidade de dicir non e o recoñecemento da violencia de xénero.

Por último, nos ‘Pinchos do botrato’, ofreceron ó alumnado do IES Ramón Caamaño conceptos básicos de igualdade de oportunidades, socialización, identidades de xénero e sobre o bo trato para achegarse ás relacións de igualdade e o respecto ás diferencias. Fixeron especial fincapé na ruptura dos roles e estereotipos de xénero como factores causantes das desigualdades, previr a violencia de xénero, detectar factores de risco e reflexionar sobre esta problemática.

Ao finalizar este proxecto, elaborarán un “Recetario do botrato” que se achegará á poboación en forma de axenda, onde se verán plasmadas imaxes do proxecto e reflexións de todas e todos os participantes.

26 nov 2020 / 16:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.