Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Combaten o feísmo paisaxístico en Dumbría e Cee cunha achega da Xunta de 28.000 euros

Cee/Dumbría. A Xunta concedeu dúas axudas por máis de 28.000 euros aos concellos de Cee e Dumbría para corrixir impactos paisaxísticos nos equipamentos e edificios públicos do municipio.

Concretamente, no caso de Dumbría recibirá 15.822 euros para actuar no peche perimetral do campo de fútbol municipal do Conco: levarase a cabo o recebado e pintado da totalidade do cerramento do campo e ademais proponse a demolición parcial do muro nun treito reducindo a súa altura, mudando esta parte por unha de lamas verticais de aceiro galvanizado.

No caso de Cee, a Xunta financiará con 12.695 euros a recuperación do lavadoiro próximo ao conxunto etnográfico de Morancelle. A contorna do lavadoiro atópase moi deteriorada. O proxecto aprobado contempla a limpeza e lavado tanto do lavadoiro como dos parámetros da contorna, selado das fendas no tanque de auga, recebado e a substitución dos desaugadoiros e arquetas. Ademais, procederase á demolición da pavimentación actual para proceder á construción dunha soleira rematada con pedra irregular semellante á existente na contorna. m.a.

10 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.