Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Comercios e hostalería de Vimianzo alíanse para dinamizar o Nadal

Lanzan, co apoio do Concello, a campaña ‘Merca lume’ dotada con 3.500 € en vales de compra // Premiarán a fidelidade dos clientes

O Concello de Vimianzo e a Asociación de Comerciantes e Hostaleiros decidiron sumar forzas e traballar en equipo para fomentar as compras de proximidade neste Nadal. Con tal fin presentaron a campaña Merca Lume, unha iniciativa que premiará a fidelidade dos clientes dos comercios e locais hostaleiros do municipio con 3.500 euros en premios, que se outorgarán en formato de vales de compra canxeables nos establecementos adheridos.

Así, aquelas persoas que fagan as súas compras e consumicións entre o 2 de decembro e o 7 de xaneiro e xunten 5 cupóns de hostalería e outros tantos de comercios participarán nun sorteo para poder optar a un premio.

Para iso será preciso conseguir unha papeleta en calquera comercio ou local de hostalería para que se poidan certificar as compras cun cuño. Unha vez completada deberá depositarse nunha das caixas habilitadas en todos os establecementos colaboradores.

O sorteo será público e celebrarase o 8 de xaneiro, ás 19.00 horas, na pista de xeo, ubicada na praza do Concello.

As compras con dereito a premio pódense facer nos comercios Valú Moda, Vístete Kids, MD Carril, A Tenda de Má, Peluquería Raquel Trillo, Zapatería O Candil, Joyería Victoria, Peluquería Almudena, Pata Negra, Carnicería Jemisa, Cortinas Andújar, Peluquería Lory, Tien 21 J. Sampedro, Peluquería Begoña Macías, Luz Fotógrafa, Ferretería Vimka, Mónica Coscoñas, Deportes Alvite, Peluquería Novo, Mercanova, Emecomputer, Desconto Loco, Estanco Vimianzo, Peluquería Isabel y María, Comercial Benedicto, Librería Roget, Peluquería Adri, Fidosec, Opticalia, Ferretería Alvarellos, Carola Moda, Floristería González, Ferretería Tres Chaves, Pose’s, Zapaterías Yolanda, Ágabe, A Tenda de So, Frescorsec, Mavic, Vístete, Floristería Xardín, Óptica Arjomil, Casal Froit, AA’IN Shop Outlet, Peluquería Agarimo, Agrosoneira, Comercial Covega, Muebles Orva, Ferretería Central e Artymobel.

Ademais, poden realizarse consumicións nos seguintes locais hostaleiros: Celme Café, Casa Landeira, Casa Sabina, Algareira by Silvina Muñoz, Pastelería Cafetería A Perla, Bodegón A Lareira, Bar A Rúa, Parrillada Montevideo, Café Bar Regueiro, Restaurante Vía Rápida, Mehari Pub, Bar O Agocho, Bodegón O Petouco, Bar Zurich, A Casa da Canle, Happy Day, Pan Ignacio, Risco Burguer & Pizza e Pizzería Quilmes.

PISTA DE XEO. Para animar esas compras e o disfrute da hostalaría local o Concello ambientou as rúas de Vimianzo e tamén os principais espazos das parroquias cun atractivo alumeado. Ademais, dende o 14 de decembro ata o 8 de xaneiro, nenos e maiores poderán desfrutar dunha pista de xeo natural que se ubicará na praza do Concello.

Do 14 ao 22 de decembro convidarán ao alumnado de Camariñas, Vimianzo e Zas para que poidan gozar desta actividade totalmente de balde en horario lectivo. Será obrigatorio o uso de guantes, e proporcionaranse calzas de plástico desbotables.

Este é o segundo ano que Vimianzo acolle esta actividade que, segundo o goberno local, que preside Mónica Rodríguez, “tivo moito éxito o Nadal pasado, e desta volta, xa case esquecida a pandemia, estamos seguros que poderemos gozar desta instalación dunha maneira sá para que as familias boten un bo anaco celebrando as festas”.

04 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.