Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 13 abril 2021
09:59
h

Comezan en Cee as obras para fixar o noiro da vía de acceso a Xeal

Estímase que estén rematadas nun prazo dun mes e o custo é de preto de 45.000 euros

Cee. A Consellería de Infraestruturas comezou as obras de estabilización dun noiro na estrada AC-550 ao seu paso polo concello de Cee. A obra foi adxudicada a Construcciones CLC S.L. e conta cun investimento de preto de 45.000 euros. Estímase que os traballos poidan estar rematados no prazo dun mes.

A intervención céntrase en dar estabilidade ao noiro de desmonte orixinado entre a estrada AC-550, no punto quilométrico 2+000, e o acceso a través da vía municipal que vai cara ás instalacións industriais da contorna.

O obxectivo é garantir a estabilidade da zona a longo prazo, solucionando as inestabilidades xerais e localizadas provocadas polos desprendementos de cuñas e bloques. Os traballos tamén buscan reducir a degradación da superficie polos efectos meteorolóxicos e de erosión non controlada. Para iso, actuarase nos primeiros 60 metros do noiro desde a estrada AC-550, dado que é a zona do viario inferior con menos anchura, máis preto da estrada autonómica e, polo tanto, onde se fai necesario intervir pola circulación que se rexistra nese punto.

As obras consistirán no cosido e reforzo do noiro mediante bulóns que compensen o peso dos elementos con potencial de desprenderse, comezando polos traballos de sostemento o máis baixo posible, que é a zona máis deteriorada, para previr e evitar novos desprendementos.

O PP de Cee sinala que, grazas as súas xestións, “só unha semana despois a Xunta cumpre a súa palabra". J. M. R.

08 abr 2021 / 16:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.