Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Concello e Xunta buscan solucións para os secadoiros de congro de Muxía

O alcalde, Iago Toba, e o delegado autonómico, Gonzalo Trenor, mantiveron unha xuntanza na que tamén avaliaron a mellora de infraestruturas municipais

Muxía. O alcalde de Muxía, Iago Toba, reuniuse co delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, para tratar diferentes asuntos de interese para o municipio, entre os que destacan a problemática dos secadeiros de congro e outros investimentos que ten pendentes o organismo autonómico.

O rexedor e o delegado puxeron sobre a mesa a mellora de infraestruturas en Muxía e a participación económica, por parte da Xunta, en diferentes obras que suporán un gran investimento, co obxectivo de que a Administración autonómica colabore na súa cofinanciación.

No encontro tamén abordaron as posibles alternativas para dar unha solución á problemática dos secadeiros de congro, tanto para darlle unha saída ás familias como para lograr unha boa conservación de todo o que rodea a este sector.

“Foi unha reunión moi produtiva, retomamos temas que xa tratara coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, coa que houbera entendemento e boa sintonía nesa primeira toma de contacto”, explicou Toba, quen valorou que “desde que ambos, o delegado e máis eu, tomamos posesión do cargo, o trato e a fluidez de comunicación é excelente. Desexo que se manteña, pois redunda nun claro beneficio para a veciñanza muxiá”.

Por outra banda, Iago Toba chegou a un acordo co xerente de Estradas de Galicia, Fernando de la Vega, para executar o arranxo de varias conexións de tramo entre viais antigos coa estrada xeral, como é o caso da baixada de Moraime e do cruce ás Fragas (Os Muíños), dando continuidade ao inicio das obras de renovación do firme neste último punto, que se acometerá a próxima semana. Agradeceulle a boa atención, e convidouno a programar uha visita a Muxía para ver “presencialmente as necesidades que temos para acometer”, subliñou. M. L.

25 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.