Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 01 julio 2022
14:12
h

Concerto homenaxe ao acordeonista Pazos de Merexo no Bela Fisterra

O hotel Bela Fisterra será escenario o día 9 de maio, a partir das 19.30 horas, dun concerto homenaxe ao acordeonista autodidacta Pazos de Merexo, natura do lugar de Merexo (Muxía), falecido en marzo de 2019. Será un emotivo evento na súa memoria no que participarán persoas próximas ao gran músico muxián. Confirmaron a súa asistencia Xurxo Souto, Adrián Lago (neto de Pazos), Rosalía Fernández Rial, Brais Maceiras, Bieito Romero, Irma Macías, Bieito Romero Diéguez, Fernando Fraga, Alberte Núnes, Anxo da Carreirana e Xosé Manuel Varela, entre outros. Unha homenaxe que contará ademais coa colaboración especial de Kepa Junquera. O acto será aberto ao público e a entrada de balde.

Pepe Formoso, xerente do Bela Fisterra, asegura que “foi aquí onde participou no último evento social, coincidindo coa celebración dunha clase maxistral de Kepa Junquera”.

30 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.