Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 27 noviembre 2021
12:04
h

Conferencia de Víctor Castiñeira na Academia de Belas Artes sobre Andrade

Cee. Víctor Castiñeira, licenciado en Xeografía e Historia pola USC e técnico de Cultura no Concello de Cee, impartirá o vindeiro martes, día 30 ás 20.00 horas, no salón de actos da Real Academia Galega de Belas Artes, a conferencia Apuntes históricos sobre Andrade e a vila de Cee, enmarcada nos Martes das Artes e nos actos en homenaxe a Domingo de Andrade, figura á que está dedicado o Día das Artes Galegas 2020-2021.

Centrará a súa intervención na biografía do arquitecto ceense e no contexto que lle tocou vivir. Falará tamén de que como era a vila de Cee naquel intre: a súa situación xurisdiccional baixo o señorío do arcediago de Trastámara, a evolución da súa poboación, os seus sectores produtivos, a relixiosidade da época e a relación fluída de Andrade cos seus conveciños, mesmo despois de instalarse na cidade de Santiago.

Tanto foi así que, segundo subliña Víctor Castiñeira, unha das súas primeiras obras fóra de Compostela foi o altar para a capela maior da igrexa da Xunqueira. Non sería o seu único traballo aquí, xa que realizou tamén outro retablo para a confraría de Ánimas, e outra serie de ornamentos litúrxicos e unha lámpada de prata para a Virxe.

Víctor Castiñeira é membro do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte a este territorio ten adicado a súa labor investigadora. Os seus estudos céntranse na comarca de Fisterra, e moi especialmente en todo o relacionado con Cee, o seu concello natal, aínda que tamén ten feito traballos de demografía histórica e emigración para o século XX, así como unha primeira aproximación á historia da Costa da Morte.

É coautor da Historia de Cee, dirixida por Baldomero Cores, e tamén do libro Dun finisterre a outro. a emigración galega á Patagonia, xunto con Alfredo Martín García. Ademais, realizou con Josefa Martínez A Costa da Morte: apuntes para su historia. Foi o responsable no ano 2012 da organización en Cee do tricentenario do arquitecto Domingo Antonio de Andrade, e o ano pasado coordinou as actividades que se celebraron en Cee.

Actualmente, co gallo do Ano Santo Xubilar 2022/23 e a coroación canónica pontificia da Virxe da Xunqueira, patroa de Cee, está a investigar e profundizar na historia da súa parroquia co obxectivo de publicar un libro que recolla os fitos máis importantes da vila ceense nos últimos cinco séculos.

25 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.