Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Conferencias, moda e unha exhibición de artesanía en liño nas Torres do Allo

Celebraranse o día 23 de xullo para divulgar iniciativas encadradas na economía circular

Zas. Dentro do programa de actividades de verán organizado polo Concello de Zas, o vindeiro 23 de xullo as Torres do Allo acollerán a Xornada sobre o liño. Economía Circular aberta a toda a veciñanza.

A xornada comeza ás 19.00 horas cunha demostración en vivo sobre os diferentes procesos de elaboración do liño. As conferencias, a partir das 19.30 horas, centraranse no seu papel dentro da economía circular, e serán presentadas pola xornalista Mónica Martínez.

Comezará Rosa Sánchez coa conferencia Liño: artesanía, identidade e economía circular e continuará Jorge Mira Pérez cun relatorio que terá por título O futuro na volta ás orixes. Ricardo García Mira, experto en Psicoloxía Social, falará sobre O liño na Costa da Morte como elemento de cohesión social e cultural e rematará Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña, co relatorio O liño tradicionalmente contemporáneo.

Haberá tamén un desfile de moda con pezas de roupa elaboradas de forma artesanal con liño e, a continuación, Antía Muíño ofrecerá un breve concerto de música. As xornadas rematarán cunha degustación de produtos relacionados coa fía do liño e tamén se realizará un sorteo entre todos os asistentes.

A xornada está organizada polo Concello de Zas en colaboración coa Asociación Amigos do Liño, e poderán asistir de forma gratuíta todas as persoas que o desexen. Unicamente será necesaria a inscrición previa a través do 981 718 056 ou 981 751 398. M. L.

04 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.