Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Conto musical, obradoiros e unha xincana das Letras en Camariñas

O Concello convoca á veciñanza para facer aportacións ao novo programa turístico

Camariñas. O Concello de Camariñas conmemorará o Día das Letras Galegas cunha xincana, un conto musical, un obradoiro de esculturas de papel e a homenaxe a Delgado Gurriarán.

Desde o 16 o 19 de maio celebraranse no municipio un compendio de actividades para pequenos e maiores. Así, o día 16 ás 16.00 horas, a biblioteca municipal acollerá unha xincana para 25 nenas e nenos a partir de 8 anos, para a que hai que reservar praza a través do enderezo electrónico cultura@camarinas.net ou no teléfono 665 13 44 90.

O propio día 17 de maio, terá lugar ás 12.00 horas a entrega de premios do Certame Letras Galegas, e quen o desexe poderá tamén poñerlle cor á figura do escritor homenaxeado. Ás 12.30 horas actuará o grupo musical Breogáns.

A biblioteca municipal acollerá tamén o 18 de maio ás 11.00 horas a contada musical A formiga na barriga, con Charo Pita, para bebés de 0 a 3 anos. Por último, o 19 de maio ás 16.00 horas, novamente o centro de lectura será o escenario de Papelarte, un obradoiro de esculturas de papel a cargo de Electra Menéndez Muñoz. Está pensado para nenas e nenas a partir de 4 anos, previa reserva de praza.

Por outra banda, o Concello creou Camariñas Explora, unha ferramenta turística que nace co obxectivo de promocionar o municipio a través de roteiros por todas as parroquias. O xoves 12 de maio, haberá unha xuntanza no Museo do Encaixe, a partir das 11.00 horas, para que a veciñanza poida facer as súas aportacións. M. L.

09 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.