Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Controlado o incendio forestal rexistrado na parroquia carnotana de Lariño

O lume afectou a 125 hectáreas, a maioría de monte raso, segundo datos da Consellería do Medio Rural // Comezou por mor dun vehículo que ardeu na estrada

A Consellería do Medio Rural informa que o incendio forestal rexistrado na parroquia de Lariño (Carnota) quedou controlado ás 11.29 horas deste luns. O lume orixinouse ás 15.07 horas do domingo, por mor dun vehículo que comezou a arder na estrada e logo pasou a terreo forestal.

Quedou estabilizado ás 6.00 da mañá deste luns. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 125 hectáreas, a maior parte delas de monte raso. Mobilizáronse para o seu control 2 técnicos, 11 axentes, 17 brigadas, 13 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

13 feb 2023 / 09:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.