Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Corcubión fará fronte ó desembarco das tropas do arcebispo Rodrigo de Luna

A batalla será o 22 de xullo coincindo coa esperada vinte edición do Mercado Medieval

Corcubión. As veciñas e veciños de Corcubión están xa preparados para volver a facer fronte ás tropas do arcebispo Rodrigo de Luna, que está previsto que desembarquen na vila o 22 de xullo. Rememorarán así un feito histórico do ano 1457, que se densenvolverá en paralelo á vinte edición do Mercado Medieval da Costa da Morte, que se celebrará do 22 ao 24 de xullo.

Talleres de oficio, teatro de rúa, música en vivo, concertos e espectáculos de gran formato permitirán viaxar no tempo a veciños e visitantes. Entre as novidades destacan o espectáculo de luz e son Suaren Batila e a actuación Errantes, de Troula, coa que se pechará o mercado.

O alcalde, Manuel Insua, destacou no acto de presentación a importancia destas citas coa historia “tanto para Corcubión como para a comarca” e subliñou a “implicación do pobo en todos os actos”. Acompañárono, o concelleiro de Cultura, José Antonio Louro; José Aquiles Garea, en representación da asociación organizadora; e o deputado, José Manuel Pequeño, quen reafirmou o apoio do ente provincial a esta celebración.

Dende o Concello agradecen a colaboración económica da Deputación e “o traballo desinteresado dos membros da organización”. J. M. RAMOS

09 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.