Cortada ao tráfico a estrada que une Baíñas con Dumbría
Este luns quedou completamente cortada ó tráfico a estrada que une Baíñas (Vimianzo) con Dumbría con motivo do comezo dos traballos de construción dunha ODT (Obra de Drenaxe Transversal) para dar fin ós continuos problemas de asolagamento nunha vía moi transitada, tanto por particulares como por vehículos profesionais. Ofrécense itinerarios alternativos marcados con antelación. Tamén se poden comprobar nas redes sociais do Concello de Vimianzo.
30 may 2022 / 20:05
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.