Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Costa da Morte súmase ao paro da frota de baixura do vindeiro día 26

Rexeitan a normativa europea que obriga a instalar localizadores en todos os barcos

Fisterra. As confrarías da Costa da Morte sumaranse á xornada de paro da frota galega, prevista para o venres, día 26, en sinal de protesta pola nova normativa europea que obriga a todas as embarcacións, a partir de catro metros, a instalar equipos de xeolocalización e cámaras, así como a comunicar telemáticamente as súas capturas con dúas horas de antelación á entrada a porto.

O patrón maior de Fisterra, Manuel Martínez, asegura que “nos están a tratar como se fosemos delincuentes”, ao tempo que asegura que a medida é “incoherente, inviable e non ten sentido algún”.

Confía en que o acto de protesta sirva, alomenos, para modificar en parte a normativa, pois “é inviable que barcos pequenos poidan incorporar eses equipos, e tampouco que teñan que esperar no mar dúas horas cando moitos deles traballan moi preto da punta do muelle”.

En Fisterra a gran maioría dos armadores apoia a iniciativa e, por iso, o venres a lonxa estará pechada “e confío en que ninguén vaia ao mar”, afirmou o patrón maior. Ademáis farán soar a bucinas dos barcos en todos os portos. J. M.

22 mar 2021 / 19:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Mar
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.