Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Críticas do PP de Zas á creación de dúas novas dedicacións parciais

O Partido Popular de Zas a través do seu portavoz, David Gómez, critica que o goberno local aprobe unha nova partida orzamentaria para a creación de dúas novas dedicacións parciais -25.122 e 16.755 euros- nun momento económico e sanitario “extremadamente complicado” por culpa dos efectos da pandemia.

Para os populares, a iniciativa apoiada polo executivo municipal é unha demostración máis, dixo Gómez, do afastado que está o alcalde, Manuel Muíño, da realidade que viven na actualidade os veciños do Concello de Zas. “Ocórrensenos infinidade de axudas para autónomos, empresas e hostaleiros que se poderían pagar con estes máis de 41.000 euros que o rexedor destinará para pagar o seu equipo de goberno”, lamentou Gómez.

Nesta liña, subliñou que Muíño percibe máis de 42.000 euros como rexedor, lembrou que, desde o mes de maio –tras a renuncia do tenente alcalde á súa dedicación exclusiva-, o executivo municipal funcionou sen a necesidade de aprobar ningún tipo de nova asignación económica. “Si chegamos ata aquí sen ter que botar man deste gasto, non entendemos os motivos que provocan agora, nun momento de emerxencia económica e sanitaria, esta decisión”, denuncia o popular.

David Gómez aproveitou tamén para catalogar de “pouco oportuna” a decisión adoptada polo executivo local, tendo en conta que, na súa opinión, o que menos necesitan agora os veciños son “administracións que lles dean as costas” a sectores económicos “moi afectados no municipio. É o momento de arrimar o ombreiro entre todos, de buscar solucións aos problemas da xente e de destinar todos os recursos dispoñibles a financiar plans de axuda”.

19 feb 2021 / 19:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.