Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
LECER. Vimianzo deseñou obradoiros artísticos, deportivos e musicais para a súa mocidade // Graffiti, skate ou rap son algunhas das propostas // Muxía convida a explorar os seus encantos a través de roteiros a pé neste mes de xullo TEXTO J. Ramos

Cultura urbana e achegamento á natureza na Costa da Morte

Enxalzar, dar a coñecer os encantos do municipio e ofrecer á veciñanza actividades na natureza. Eses son os obxectivos do programa Explora Muxía, un novo ciclo de rutas que arrincará o vindeiro sábado, 10 de xullo. Ese día, a iniciativa vivirá a súa xornada inaugural coa realización dun roteiro entre Cabo Touriñán e a praia de Nemiña.

A proposta inclúe outros catro itinerarios: ruta entre Muxía e Os Muíños (17 de xullo), roteiro entre a praia do Lago e San Martiño (24 de xullo), ruta pola vila de Muxía (29 de xullo) e, por último, camiñada entre Caldeiras do Castro-Trasufre-Coucieiro (31 de xullo).

O departamento de Deportes do Concello impulsou este programa en colaboración co obradoiro de emprego da especialidade en Turismo. De feito, desde o taller recompilaron información detallada de cada unha das rutas e deseñaron, así mesmo, os diferentes materiais promocionais (trípticos, carteis e vídeos). As inscricións poden formalizarse dende o 5 de xullo, a través da páxina web municipal ou chamando ao número 981 74 20 01.

Explora Muxía é, tan só, unha das propostas da oferta cultural, deportiva e de lecer que o Concello ofrece a través do programa MuxiUp, súbeste á nosa aventura?. A oferta estival incluirá actividades para todos os públicos que estarán adaptadas ás normativas sanitarias.

Pola súa banda, o Concello de Vimianzo deseñou un programa de actividades para a mocidade de 12 a 18 anos baseado na cultura urbana e as inscricións poderán realizarse do 5 ao 20 de xullo na Casa da Cultura. O prezo será de 50 euros, cunha redución de 5 € para familias numerosas.

Desenvolverase do 26 ao 30 de xullo en horario de 10.00 a 14.00 horas e as prazas estarán llimitadas a 20. Haberá obradoiros artísticos de graffiti, estampación e camisetas stencil; deportivos de breakdance, parkour, skate, slackline e fútbol; musicais de rap, beatbox e DJ.

Vella Escola, entidade especializada na organización de eventos e a xestión do ocio, será a encargada de darlle forma a este compendio de iniciativas, a través dun equipo de músicos, artistas, bailaríns e deportistas profesionais do mundo da cultura urbana.

Desde a concellaría de Cultura quérese remarcar “o importante de dinamizar este tipo de actividades entre a mocidade, non só para o seu desenvolvemento persoal, senón tamén para intensificar as relacións interpersoais despois dun tempo tan complexo como o que vivimos”, apuntan.

E en Cabana veñen de inaguraur este luns o programa de conciliación de verán Meniñeiro, no que participarán 90 rapazas e rapaces, en grupos burbulla de 10 para cumplir as recomendación hixiénico-sanitarias.

Desenvolverase en tres espazos diferentes: na Casa do Pendón, no polideportivo municipal e na Casa da Cultura. A rapazada poderá practicar diferentes deportes de praia, coñecer de primeira man o patrimonio natural cabanés ou participar en diversas propostas culturais. Trátase dunha actividade subvencionada pola Secretaría Xeral para a Igualdade da Xunta de Galicia.

O alcalde, José Muíño, quixo destacar “o enorme abano de posibilidades que lle ofrece o Concello á xuventude cabanesa e que son posibles grazas á mellora na situación sanitaria e ó esforzo de toda a veciñanza”. Neste sentido, o rexedor pediu “lembrar que non se pode baixar a garda especialmente no tempo de lecer, que é cando tendemos a relaxar as medidas preventivas”.

Pola súa banda, a coordinadora dos campamentos, María Vázquez, destacou que “o que se busca con esta actividade é que as nenas e nenos se relacionen entre sí, que xoguen e que sexan felices. E para isto non hai nada como compartir momentos con persoas da túa mesma idade”, á vez que subliñou que “contamos cunha paisaxe sen parangón para desenvolver estas actividades, e isto supón unha vantaxe para os cativos e cativas. Aproveitaremos os materiais que nos dá a natureza para facer auténticas obras de arte”.

Pola súa banda, a pasada semana comezaron os campamentos de conciliación do Programa Respira en Ponteceso, Corme, Pazos e A Campara. Desenvolverase os meses de xullo e agosto, en horario de 9.30 a 13.30.

05 jul 2021 / 16:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.