Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Danza de arcos e procesión por mar na honra do Carme en Camariñas

Haberá pasarrúas con grupos de gaitas e charangas por toda a capital dos encaixes

Camariñas. Aínda que as limitacións sanitarias a causa da pandemia impedirán celebrar con normalidade as festas do Carme, en Camariñas, o espírito e as tradicións mantéñense vivas. Por iso, a comisión de festas, ao igual que o ano pasado, deseñou un programa festivo adaptado ás circunstancias actuais.

Este venres, día 16, vivirán o día grande, que arrancará coa tradicional Danza de Arcos e a homenaxe aos mariñeiros falecidos no último ano. Despois celebrarase a misa solemne na Praza do Mercado, nun recinto acoutado e con todas as medidas antiCOVID.

Antes de partir a procesión por mar, a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa Virxe do Carme recoñecerá ao Xosé Luis Blanco Campaña como Camariñán de Honra. Despois, un ano máis, os barcos de Camariñas vestirán as súas mellores galas para acompañar á patroa dos mariñeiros, a Virxe do Carme, na tradicional travesía mariña pola ría na que só poderán participar as tripulacións dos pesqueiros.

Como é costume, faran un alto para depositar coroas de flores na bocana da ría en memoria de todos os falecidos no mar. Ao regreso, a comitiva será recibida cunha gran traca de fogos e coa música de grupos de gaitas, percusión e charangas que, ademais, animarán toda a capital encaixeira. O sábado, día 17, levarán de novo as notas músicais polas rúas e prazas de Camariñas, despois da misa. Antes, os xoves volverán a interpretar a Danza de Arcos, un sinal de identidade do pobo. J. M. r.

15 jul 2021 / 16:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.